Exemplo de desintegración dun Z en dous electróns. No detector de trazas, no centro, aparece unha traza por cada electrón (unha en verde e a outra en vermello) separadas 180 graos. No calorímetro EM, un pouco máis afora, pódense observar dous grandes depósitos de enerxía representados por caixas. O tamaño da caixa só pretende amosar a enerxía da partícula detectada e non ten que ver co percorrido que fixo polo detector.

Outra das características dos eventos de electróns é que só aparecen dúas trazas, como se ve nesta imaxe, e que toda a enerxía se detecta.