Exemplo de desintegración dun Z en dúas partículas tau que posteriormente se desintegran noutras partículas. Neste caso un dos tau desintegrouse nun muón e dous neutrinos. O múon se representa por unha cruz verde á esquerda, mentras que os neutrinos desaparecen sen detectalos. O outro tau se desintegra nunha pequena choiva de partículas (trazas vermellas).

En eventos de tau podería haber 2, 4 ou posiblemente 6 trazas de partículas cargadas (e calquera número de neutras). En WIRED aparecen marcadas en cores billantes (neste caso un verde brillante e tres vermellos billantes). Parte da enerxía da colisión levanna os neutrinos que non se detectan.