Cando unha partícula Z se desintegra en dous quarks créanse dous jets de partículas, un por cada quark. Na imaxe, o programa de reconstrucción presenta as trazas das partículas de dous jets en vermello e verde respectivamente.

Os jets están formados principalmente de hadróns, aínda que outros tipos de partículas son tamén posibles. As cruces verdes da imaxen indican que o muón formou parte do jet en verde.