sm_higgs3.gif - 10,59 kb

Unha reconstrucción gráfica (similar ás do programa WIRED) dunha colisión rexistrada no detector DELPHI en 1999. As trazas das partículas foron agrupadas en dous jets (trazas verdes e bermellas respectivamente). As dúas frechas negras indican a dirección do momento dos dous jets. A enerxía da colisión que quedou rexistrada foi inferior da esperada. A frecha azul mostra a dirección do momento perdido. Isto indica que un ou máis neutrinos abandonaron o detector sen deixar rastro.

As características desta colisión correspóndense co que se esperaría dunha colisión onde unha partícula Higgs fora creada xunto a un Z que posteriormente se desintegrara en dous neutrinos. Na busca da partícula Higgs, este foi un dos máis interesantes eventos rexistrados no detector DELPHI durante 1999. Pero un exame máis detallado demostrou que esta colisión probabelmente foi debida a dúas partículas Z sen que o Higgs tivera nada que ver no proceso.