Cando no anel de almacenamento se acada unha certa cantidade de electróns e positróns, estos fanse pasar a un acelerador circular denominado PS. Nel as partículas aceléranse aínda máis ata acadar unha enerxía de 3.5 GeV.
Despois do PS, as partículas pasan a outro acelerador circular ainda maior, o SPS, onde se aceleran ata os 22 GeV. Finalmente os electróns e positróns chegan ao máis grande dos aceleradores circulares do CERN, o LEP, onde antes de se chocaren acadan enerxías de 104 GeV.