Existen diferentes tipos de aceleradores. Pódese distinguir entre acelerador linear e circular dependendo da xeometría (recta ou redondeada) do acelerador.
Isto implica dúas formas distintas de producir colisións de partículas. Unha delas consiste en deixar que as partículas do acelerador choquen cun albo, por exemplo hidróxeno líquido, en repouso. Son os denominados experimentos de albo fixo. A outra forma consiste en facer que as partículas choquen entre elas. Neste caso as partículas se desprazan en direccións opostas en órbitas separadas. Tal acelerador se denomina colisionador.
Os feixes de partículas dos aceleradores mantéñense en tubos de baleiro para evitar as colisións coas moléculas de aire.