Os campos eléctricos se utilizan para acelerar as partículas nos aceleradores.
Cando unha partícula cargada, como un electrón, se acelera nun campo eléctrico de 1 V adquire unha enerxía cinética de un electronvolt (1 eV). Un acelerador tén unha ou varias etapas de aceleración con campos eléctricos oscilantes. A frecuencia das oscilacións axústase para proporcionar unha enerxía cinética adicional, empurrándo as partículas a velocidades cada vez máis elevadas.
Os experimentos de hoxe utilizan enerxías moi altas, tipicamente de varios GeV. Con estas enerxías, as partículas chegan a acadar no acelerador velocidades próximas ás da luz.