De acordo coa fórmula de Einstein E = mc2 a masa é unha forma de enerxía. Isto é que a enerxía pode ser transformada en masa e viceversa. Nas colisións de partículas a enerxía cinética transfórmase en masa mediante a creación de novas partículas.
Na busca de novas partículas pesadas en colisións de partículas é importante ser capaz de aceleralas ás máis altas enerxías posibles. Canto máis alta sexa a enerxía das partículas que chocan, máis pesadas serán as partículas producidas na colisión.