O acelerador LEP estivo operativo entre 1989 e 2000. Despois a máquina foi desmantelada para facer sitio no mesmo túnel ó novo acelerador, o LHC (Large Hadron Collider).

O LHC, a diferenza do LEP, funcionará con feixes de protóns. As colisións, de moita máis enerxía, 14 TeV, acadaranse grazas á substitución dos electróns e positróns do LEP por protóns. Actualmente (2003) o LHC está en construcción. Espérase que esté operativo no 2007.

No LHC serán construidos varios detectores para rexistrar o que ocorre nas colisións de partículas. Un destes é ATLAS. Prema na ligazón de abaixo para comezar unha animación que mostra cómo os protóns atravesan o sistema acelerador do CERN para acabar chocando no detector ATLAS. A animación require a instalación do programa Macromedia Flash Player.

Comezar a animación


Para entender o que sucede nunha colisión rexistrada en ATLAS recomendamos estudiar o capítulo "Detectores".