Por fóra dos detectores de trazas están os calorímetros que detectan a enerxía das partículas tanto sexan neutras como cargadas.
Cando unha partícula entra no calorímetro esta choca co material denso do detector. A colisión produce unha chuvia de partículas secundarias tal que a enerxía da partícula orixinal é absorbida no calorímetro. Debido a isto os calorímetros se sitúan por fora dos detectores de trazas de tal xeito que a traxectoria da partícula xa foi rexistrada antes de absorberse no calorímetro.
Normalmente os muóns e neutrinos son as únicas partículas que pasan a través dos calorímetros e continúan ata os detectores de muóns.