Os calorímetros electromagnéticos están situados ó lado dos detectores de trazas e miden a enerxía de electróns, positróns e fotóns.
Un calorímetro electromagnético normalmente consiste de capas de chumbo intercaladas con volumes de gas que actúan como detectores de trazas. Cando un electrón, positrón ou un fotón incide no chumbo créanse chuvias de partículas secundarias. Estas chuvias son detectadas nos volumes de gas dos arredores. A interacción electromagnética é a responsable da creación de partículas secundarias, de ahi a denominación 'calorímetro electromagnético'.
A enerxía da partícula entrante pódese calcular medindo a cantidade de gas ionizado.