Os calorímetros hadrónicos estan situados por fora dos electromagnéticos e miden a enerxía dos hadróns, as partículas compostas de quarks.
O calorímetro hadrónico é parecido ao electromagnético pero en vez de chumbo leva ferro.
Os hadróns case non se ven afectados ao atravesar o calorímetro electromagnético polo que a súa enerxía pode ser medida no calorímetro hadrónico. A enerxía se rexistra de maneira similar á do calorímetro electromagnético, pero no calorímetro hadrónico é a interacción forte a encargada de crear as partículas secundarias. Outra diferencia é que os hadróns atravesan unha distancia maior antes de se absorberen no calorímetro polo que os hadrónicos son máis grosos que os electromagnéticos.