Os detectores se utilizan
para medir a enerxía e as traxectorias das partículas producidas nas colisións entre partículas.
A información que se recolle serve para identificar o tipo de partícula de que se trata.
Usualmente se utilizan tres tipos de detectores:
-
Cerca do centro atópanse os detectores de trazas que miden as traxectorias das partículas cargadas.
Os detectores de trazas poden ser cámaras de fíos, que consisten nunha serie de fíos dentro dunha cámara chea de gas,
ou ben semiconductores, que consisten en materiais semiconductores, como por exemplo o silicio.
Os semiconductores teñen unha gran precisión pero son caros de producir e sensibles á radiación.
As partículas poden atravesar os detectores de trazas sen perturbarse apreciablemente.
-
A continuación hai unha capa de calorímetros que miden a enerxía das partículas.
Cando unha partícula incide no calorímetro, prodúcese unha chuvieira de partículas secundarias.
O tamaño da chuvieira determina a enerxía da primeira partícula. Existen dous tipos de calorímetros.
O interno é electromagnético e mide a enerxía dos electróns, positróns e fotóns.
O externo é hadrónico e mide a enerxía dos hadróns.
-
Nas capas máis externas sitúanse os detectores de muóns que, como os calorímetros, producen chuvieiras de partículas secundarias.
Os detectores de muóns detectan muóns ou antimuóns xa que son as únicas partículas que atravesaron os calorímetros.
O detector DELPHI do LEP estaba formado polo tipo de subdetectores mencionados anteriormente.
DELPHI foi retirado para deixar sitio a ATLAS que é o detector similar a DELPHI máis grande que operará no novo
acelerador LHC.