O detector DELPHI foi un dos catro grandes detectores do acelerador LEP. DELPHI foi construido e instalado en 1989, ao mesmo tempo que o acelerador. En decembro de 2000 rematou a toma de datos con DELPHI para deixar sitio á construcción do acelerador LHC no túnel do LEP.
O detector constaba de tres partes: unha parte central cilíndrica e dúas tapas. A lonxitude e diámetro eran de 10 metros cun peso de 3500 toneladas.
As compoñentes máis importantes de DELPHI eran 20 subdetectores dos tipos discutidos nas páxinas anteriores. Un grande imán superconductor, esencial para o detector, situouse entre os calorímetros electromagnéticos e os hadrónicos. O campo magnético deste imán desviaba as partículas cargadas polo que se podía medir a súa carga e o seu momento.
Na sección "Tipos de colisión" hai una animación interactiva que mostra a forma que tiñan as colisións de partículas en DELPHI.