Os modernos detectores de partículas están formados por un gran número de subdetectores, cada un deles cumplindo unha función ben definida no proceso de detección. Combinando a información dos distintos subdetectores, os científicos son capaces de saber o que pasa nunha colisión.
Nos experimentos de física de partículas se utilizan fundamentalmente tres tipos de subdetectores:
Os calorímetros poden ser electromagnéticos ou hadrónicos, cos primeiros situados máis perto do punto de colisión que os segundos.
Prema na ligazón de abaixo para comezar a animación que amosa cómo as diferentes partículas quedan rexistradas cando atravesan o detector. A animación mostra un corte transversal do detector CMS, que é un dos dous grandes detectores do acelerador LHC. No ángulo superior esquerdo pódese escoller entre catro tipos de partículas. A animación require ter instalado o programa Macromedia Flash Player.