O muón é, comparado co electrón, un leptón pesado (106 MeV) cargado negativamente (é unha partícula material). O muón é unha partícula inestable e polo tanto se desintegra noutras partículas. A súa vida media é de 2.2 µs.
Diferentes tipos de partículas teñen distintas capacidades para penetrar a materia. O muón ten unha capacidade de penetración altísima. Unicamente os muóns (e os neutrinos) teñen a habilidade de atravesar primeiramente os detectores de trazas e despois os calorímetros. Polo tanto os detectores de muóns son os máis externos de tódolos detectores.
Como os calorímetros hadrónicos, os detectores de muóns constan de capas de ferro intercaladas con cámaras de trazas. Os muóns interaccionan co ferro dando lugar a partículas secundarias que se detectan nas cámaras de trazas. Os detectores de muóns rexistrarán as partículas cargadas que atravesaron os calorímetros hadrónicos e non produciron chuvias de partículas.