Os detectores de trazas divídense en dous grandes grupos: detectores semiconductores e cámaras de fíos. Os detectores semiconductores están feitos de silicio ou dalgún outro tipo de material semiconductor, mentras que as cámaras de fíos están cheas de gas e cruzadas por fíos.
Os dous tipos de detectores rexistran unicamente partículas cargadas. As partículas neutras (como os fotóns) atravesan os detectores de trazas sen deixar rastro.
Os detectores de trazas están diseñados para rexistrar as partículas sen as perturbar apreciablemente. As partículas saen do detector de trazas practicamente coa mesma enerxía e coa mesma dirección que tiñan cando entraron.