As cámaras de fíos baséanse na idea de que as partículas cargadas pódense rexistrar cando atravesan un gas. As partículas chocarán cos átomos do gas expulsando electróns destes átomos. Este procéso chámase ionización dado que os átomos convértense en ións. Un potencial eléctrico fai que os electróns se movan cara ao ánodo e os ións cara ao cátodo. Entón os electróns quedarán rexistrados como unha corrente eléctrica.
Unha camára proporcional multifío (MWPC), un tipo de detectores de trazas utilizados en experimentos de partículas modernos, ten varios fíos anódicos situados entre dous planos catódicos. A separación entre fíos anódicos é de 2 mm e a distancia entre planos catódicos é de 2 cm. As traxectorias das partículas a través da cámara pódese calcular utilizando a posición dos fíos anódicos. Sitúanse varias cámaras a certa distancia unhas das outras para rexistrar as trazas das partículas cargadas.
Unha cámara de deriva é unha MWPC evolucionada. A cámara de deriva aproveita o feito de que os electróns liberados dos átomos tardan certo tempo en chegar ata o ánodo. Medindo este tempo de maneira precisa pódese determinar con moita exactitude a posición da partícula orixinal. Esta técnica ten sido utilizada por exemplo na cámara de proxección de tempos (TPC) do detector DELPHI.