Hands-on-CERN (HoC) é un proxecto educativo na fronteira científica da física. Está dirixida a profesores e estudantes de bacharelato interesados nas ciencias da Natureza.
A finalidade deste proxecto/curso é a de facilitar a aprendizaxe dos fenómenos máis fundamentais da materia e divulgar a investigación que se realiza na actualidade mediante a colisión de partículas elementais.
Estas páxinas iniciais presentan unha visión panorámica do curso e outras informacións de carácter máis xeral. Prema na frecha do ángulo superior dereito para continuar coa seguinte páxina.
Mentres traballe con Hands-on-CERN recomendámoslle que utilice o tamaño máximo de pantalla.