Hands-on-CERN divídese en capítulos con varias seccións. Para ir ao capítulo ou sección de interese utilice a táboa de contidos da columna esquerda. Recomendamos empezar no capítulo "O Modelo Estándar".
Todos os capítulos teñen a mesma estructura. A primeira páxina comeza cunha visión panorámica "Descripción" do capítulo. Nesta sección preséntanse de xeito breve os contidos do capítulo e o seu propósito. Os máis dos capítulos finalizan cun "Resumo".
Para se orientar por estas páxinas utilice a táboa de contidos da columna esquerda ou ben os titulares que aparecen na parte superior tanto no centro como na dereita. Se quere repetir parte dun capítulo pode usar tamén a táboa de contidos para ir directamente a algunha das seccións.
As frechas situadas na parte superior deste texto permiten navegar ás páxinas previas ou ás posteriores. Prema na frecha da dereita para continuar.