Despois de estudiar os capítulos "O Modelo Estándar", "Aceleradores", "Detectores" e "Análise de imaxes", vostede posuirá os coñecementos necesarios para utilizar de xeito creativo o programa WIRED (World Wide Web Interactive Remote Event Display).
WIRED é un laboratorio interactivo de colisións de partículas. WIRED pódese usar para estudiar procesos reais de interaccións de partículas nos experimentos do CERN, o centro europeo para a investigación en física de partículas situado na fronteira franco-suiza, cerca de Xenebra.
O capítulo "Análise de imaxes" explica a forma de usar WIRED e cómo os diferentes tipos de partículas poden ser identificados. O programa WIRED execútase desde a sección "Biblioteca de colisións" do capítulo "Colisións de partículas".
Máis información sobre o laboratorio virtual WIRED pódese atopar en: visit WIRED