O obxectivo deste primeiro exercicio é analizar imaxes de colisións de desintegracións do Z para medir as razóns de ramificación da partícula Z. A razón de ramificación do Z representa a frecuencia relativa con que se desintegra o Z nun conxunto dado de partículas.
Hai varias posibilidades de desintegración da partícula Z: en dous electróns, dous muóns, dúas partículas tau, dous neutrinos ou dous quarks. As frecuencias con que se dan os diferentes tipos de desintegración pódense calcular teoricamente dentro do Modelo Estándar. Coa axuda da aplicación WIRED pódese medir a frecuencia con que se produce unha determinada canle de desintegración e comparar o resultado coa predicción teórica correspondente.
Para medir as distintas razóns de ramificación da partícula Z necesitamos examinar un gran número de colisións. Na "Biblioteca de Colisións" atoparemos 100 colisións con desintegracións do Z.
O resultado deste exercicio pódese utilizar máis tarde no segundo para medir a constante de interacción forte.
Na seguinte páxina descríbese a maneira de identificar as desintegración do Z. Léase tamén os textos das figuras da parte central e as páxinas relacionadas coa identificación de partículas do capítulo "Análise de imaxes".