Un evento de desintegración do Z en dous electróns identifícase pola existencia de dúas únicas trazas que deixan sinal no calorímetro electromagnético. As desintegracións en dous muóns son similares, coa diferenza de que neste caso as dúas trazas deixan sinal (cruzes) no detector de muóns.
No caso da desintegración do Z en dúas partículas tau, estas non son detectadas xa que se desintegran a súa vez noutras partículas. Os eventos de tau recoñécense tendo en conta que deberían producir 2, 4 ou posibelmente 6 trazas cargadas (+ un número arbitrario de trazas neutras).
A partícula Z desintegrándose en dous quark pode observarse como dous jets de partículas, un para cada quark. Algunhas veces créanse un ou varios gluóns en compaña dos quarks. Neste caso cada gluón producirá un jet extra.
Os eventos de neutrino non deixan traza no detector polo que non se pode saber cantas desintegracións dete tipo ocorreron.