No proceso de análise das imaxes seleccionadas hai que contar o número de eventos correspondentes a cada un dos diferentes tipos de desintegracións. No caso en que se esté a realizar o exercicio individualmente, para conseguir unha boa estimación das razóns de ramificación do Z chega con analizar entre 200 e 300 imaxes de colisións. No caso de que o exercicio sexa realizado por toda unha clase, os estudiantes pódense dividir en grupos e repartirse os dez ficheiros de 100 desintegracións cada un. Os resultados dos distintos grupos pódense combinar para conseguir unha boa estimación final cun pequeno erro estatístico. Débense ter en conta os seguintes tipos de desintegración:
Ao se analizaren os resultados xurde o problema de como ter en conta as desintegracións en dous neutrinos xa que estes non se detectan, e polo tanto non existen imaxes dos mesmos. O que se fai é considerar a predicción do Modelo Estándar que predice que o 20% das desintegracións se realizan por esta canle. Polo tanto os eventos analizados constituen o 80% do número total de desintegracións.
Agora xa é fácil calcular as razóns de ramificación para os eventos analizados. Se por exemplo atopamos 5 eventos de electrons (de 100 analizados), dedúcese que o Z se desintegrou en electróns no 5/(100/0,80) = 4% dos casos.
Unha vez calculadas as razóns de ramificación, pódense comparar coas prediccións teóricas do Modelo Estándar (premer na ligazón "Resposta" a continuación).