O obxectivo deste segundo exercicio é o de medir a magnitude da interacción forte. As catro forzas da natureza se caracterizan por unha constante de acoplamento que determina a magnitude da forza. A gravidade é a máis débil das forzas. A súa constante de acoplamento é a constante de gravidade, G.
As constantes de acoplamento da forza electromagnética e da forza forte se denotan por
and
s respectivamente.
Estas constantes determinan a magnitude dos diferentes procesos e son parámetros
fundamentais da Natureza.
Cando unha partícula Z se desintegra en dous quarks existe unha certa probabilidade de que un
dos quarks emita un gluón. Esta probabilidade é proporcional á constante de acoplamento da
forza forte, s.
Contando as veces que se crea o gluón pódese medir a constante de acoplamento da forza forte.