Cando unha partícula Z se desintegra nun quark e nun antiquark, separaranse un do outro a gran velocidade. A unha distancia da orde de 1 fm (= 10-15 m) a interacción forte impide que se separen aínda máis xa que se formarán novos pares de quark e antiquark.

Este proceso dará lugar finalmente a dous jets de partículas, un por cada quark inicial, compostos fundamentalmente por mesóns.

Se ao principio do proceso un dos quarks emite un gluón, entón este tamén creará un jet dando lugar a un evento de tres jets. Tamén pode ser que se crearan varios gluóns co que se chegaría a ter máis de tres jets, pero este caso non é moi probable.