Pódese medir s utilizando a razón de ramificación do Z en dous e tres jets atopada con WIRED. A constante de acoplamento calcúlase coa ecuación

s = k N3-jets/N2-jets

onde N2-jets e N3-jets son o número de eventos con dous e tres jets respectivamente, e k é unha constante que depende do programa de ordenador utilizado para agrupar as partículas en jets. Este algoritmo de formación do jet depende do parámetro d (ou djoin).

A gráfica da esquerda proporciona a relación entre k e d. Para os eventos utilizados en WIRED d = 5 GeV/c.

Con todo isto xa se pode determinar s contando o número de eventos con dous e tres jets e usando a ecuación anterior. Pódense usar os eventos con dous e tres jets do exercicio anterior (cálculo de razóns de ramificación do Z). Utilice a gráfica da esquerda para determinar k.

O resultado pode compararse co valor que predice o Modelo Estándar (ver a ligazón de abaixo).

Resposta.