"The Fireworks of Elementary Particle Physics" (ou simplemente "The Fireworks of Particles") é unha aplicación interactiva sobre o Modelo Estándar e o mundo das partículas que permite comprender o funcionamento da física de partículas elementais.
A aplicación foi desenvolvida por físicos gregos. Para executala é preciso ter instalado o programa Macromedia Flash Player.
En "The Fireworks of Particles" preséntase moita información sobre as partículas elementais e o Modelo Estándar. Tres compoñentes interactivos permiten experimentar con diferentes tipos de partículas elementais.