Desde o menú principal hai tres ligazóns que conducen ás compoñentes interactivas. Pódese traballar coa primeira despois de documentarse sobre os hadróns en Hands-on-CERN. Para utilizar as outras dúas compoñentes se recomenda a lectura previa da información contida en The Fireworks of Particles.
Play with elementary particles!
(Xogando coas partículas elementais!)
Eiqui elíxense interactivamente distintas combinacións de quarks para formar os hadróns.
Play with Feynman diagrams!
(Xogando cos diagramas de Feynman!)
Os físicos usan os diagramas de Feynman para representar
as diferentes reaccións entre partículas elementais.
Premendo nesta ligazón, pódese experimentar cos diagramas de Feynman
e ver como se relacionan as distintas reaccións de partículas.
Try to unfold a hadron decay step by step!
(Desintegrando un hadrón paso a paso!)
Iste é o exercicio máis desafiante; eiqui pódense por a proba os coñecementos que un ten sobre
o mundo das partículas elementais, construindo distintas reaccións de partículas.
Para iso débese coñecer a composición en quarks dos distintos hadróns,
e tamén o funcionamento dos diagramas de Feynman.
Prema a ligazón de abaixo para comezar a aplicación; abriráse unha nova fiestra.