As prediccións do Modelo Estándar concordan moi ben cos resultados dos experimentos que estudian as propiedades das partículas elementais. É polo que os científicos están seguros de que o Modelo Estándar, ou polo menos unha parte importante del, é unha boa teoría da física das partículas elementais.
Sen embargo, o Modelo non está libre de defectos. Un exemplo disto é que o Modelo Estándar, na súa versión máis simple, predice que tódalas partículas teñen masa nula. Isto obviamente non é correcto, xa que a masa de tódolos leptóns e bosóns vectoriais foi medida experimentalmente.
Para resolver o problema, introduciuse o denominado mecanismo de Higgs. Este mecanismo basease nunha operación matemática que se lle aplica ás ecuacións do Modelo Estándar. Mediante o mecanismo de Higgs, as ecuacións se modifican de tal xeito que os bosóns vectoriais adquiren masa. Despois deste cambio no hai tampouco impedimento para que os leptóns teñan masa.