Unha excelente propiedade da teoría sobre o mecanismo de Higgs é que fai unha predicción que pode ser comprobada experimentalmente. O mecanismo de Higgs predice a existencia dunha nova partícula que aínda non foi observada.
Esta partícula, denominada Higgs, é un bosón, o mesmo que os mediadores de forza. Nembargantes, o Higgs non é mediador de ningunha forza, e só é a razón de que as outras partículas teñan masa.
Os científicos levan moito tempo buscando a partícula Higgs, pero non é nada fácil atopala. A teoría do mecanismo de Higgs predice tódalas propiedades do Higgs excepto a masa. Se a masa fora moi grande, se necesitaría moita enerxía para producila. Tales experimentos son caros e difíciles de realizar.
A busca máis recente da partícula Higgs levouse realizouse en catro experimentos do acelerador LEP. Principalmente seguiuse o seu rastro en colisións onde un Higgs e un Z se crearan á vez. O Higgs ten unha vida moi curta desintegrándose inmediatamente noutras partículas moi pesadas, segundo o Modelo Estándar. No acelerador LEP o máis pesado que se podía producir eran dous quarks b (o LEP non xenera a enerxía suficiente para producir dous quarks top, máis pesados que os b).