Os científicos buscaron colisións, conocidas como eventos de Higgs, que se poden escribir do seguinte xeito:
O grupo de Stockholm buscou colisións con dous quarks b e dous neutrinos. Os dous quarks b darían lugar a dous jets de partículas, mentras que os dous neutrinos serían indetectables, xa que só interaccionarían debilmente. En tal tipo de colisión habería menos enerxía da esperada, xa que os neutrinos levarían unha parte dela.
Ó finalizar a toma de datos en LEP, os científicos pensaron que tiñan visto algunhas trazas de partículas Higgs, pero os resultados foron ambiguos. A conclusión final sobre a busca da partícula Higgs nos experimentos de LEP foi que a súa masa debería ser superior a 114 GeV.
Os experimentos de LEP finalizaron a toda de datos e un novo e máis potente acelerador, LHC, está en construcción. Con este acelerador se realizaran moitos experimentos distintos. Un destes experimentos continuará a buscar a partícula Higgs. Os científicos preveen que coa axuda do LHC se certificará a existencia do Higgs e se medirá a súa masa.