Neste capítulo preséntase o denominado Modelo Estándar. O Modelo Estándar recolle o coñecemento actual sobre as partículas elementais e as forzas que actúan entre elas.
O Modelo Estándar describe cómo a materia está formada por un grupo de partículas elementais. Tamén explica a forma na que un segundo grupo de partículas, os chamados portadores de forza, relacionan entre si estas partículas elementais, dando lugar así á formación dunha multitude de estructuras de materia no microcosmos.
Finalidade: O propósito deste capítulo é o de se familiarizar coas distintas partículas que forman o noso mundo e describir o modo en que interactúan entre si.
No final do capítulo vostede atopará unha animación interactiva chamada " The Fireworks of Elementary Particle Physics". Con esta animación pode avanzar na aprendizaxe do Modelo Estándar mediante a realización de distintos exercicios. A animación precisa da instalación do programa Macromedia Flash Player.