Entre as partículas portadoras de forza, só os tres bosóns vectoriais da interacción feble teñen masa. Os outros, o fotón e os oito gluóns, teñen masa nula. Os quarks e leptóns teñen diferentes masas. Os tres leptóns neutros, os neutrinos, teñen unha pequena masa. Ata fai moi pouco pesábase que tiñan masa cero, coma os fotóns.

As masas das partículas se dan en unidades de electron volt, que se escribe eV.

A enerxía toma a forma, entre outras, de enerxía cinética e tamén de masa. En 1905 Albert Einstein achou unha relación entre masa e enerxía: E = mc2, onde E = enerxía, m = masa and c = velocidade da luz no baleiro. A ecuación anterior da a enerxía necesaria para crear unha partícula de masa m. Do mesmo xeito unha masa pode ser convertida a enerxía, por exemplo cando unha partícula e unha antipartícula se destrúen cando se atopan ("aniquilacion"), ou ben cando una partícula inestable se desintegra en outras e unha pequena parte da masa se convirte en enerxía.

É dificil de decir sen ambigüidade os valores das masas dos quarks. A razón é que os quarks non poden separarse entre si, como o resto das partículas, para realizar a medida da masa. Na táboa da esquerda se dan as chamadas "masas espidas ou núas" dos quarks.