Nas capas externas do átomo se atopan os electróns. De xeito moi simplificado pódese decir que orbitan ó redor dun diminuto e compacto núcleo. Esta "nube" de electróns proporciona ao átomo un diametro dunha dez millonésima de mm, ou ben expresado en potencias de dez, 10-10 m.
No Modelo Estándar o electrón, que é un leptón con carga -1, se considera unha partícula puntual, isto é, de tamaño nulo. Os electróns están ligados ao núcleo positivamente cargado pola interacción electromagnética transmitida por fotóns.
O núcleo atómico está formado por protóns e neutróns. Estes a súa vez están constituidos por quarks ligados entre si pola interacción forte mediada por gluóns. O núcleo é moi pequeniño, de só 1/10000 do diametro do átomo.
Pode que os electróns e os quarks teñan tamén estructura interna, pero isto ainda non foi cientificamente confirmado. Tampouco foi confirmada unha extensión do Modelo Estándar, denominada Teoría de cordas, onde os obxectos máis pequenos do micromundo son cordas diminutas e non partículas puntuais.