Nas capas externas do átomo se atopan os electróns. De xeito moi simplificado, pódese decir que orbitan ó redor dun diminuto e compacto núcleo. Esta "nube" de electróns proporciona ó átomo un diametro dunha dez millonésima de mm, ou ben expresado en potencias de dez, 10-10 m.

O electrón, que é un leptón con carga -1, considérase no Modelo Estandar unha partícula puntual, isto é, de tamaño cero. Os electróns están ligados ó núcleo positivamente cargado pola interacción electromagnética mediada por fotóns.

O núcleo do átomo consiste en protóns e neutróns. Estes están formados por quarks ligados entre eles pola interacción forte mediada por gluóns. O núcleo é moi pequeniño, de só 1/10000 do diametro do átomo.

Pode que os electróns e os quarks teñan a súa vez estructura interna, pero esto ainda non foi confirmado cientificamente. Nunha extensión do Modelo Estandar, a chamada Teoría de cordas, os obxetos máis pequenos do micromundo se supon que consisten en cordas diminutas e non partículas puntuais.