O Modelo Estándar describe dous tipos de partículas. Xa temos estudiado un destes grupos, as partículas materiais que son os quarks e os leptóns. Nesta sección imos estudiar o segundo grupo, as partículas portadoras de forza, responsables das interaccións entre as partículas materiais. Excluimos a gravidade xa que non forma parte do Modelo Estándar.
As partículas portadoras de forza son:
Utilizaremos indistintamente os termos "interacción" e "forza". No caso da interacción feble esta actúa dun xeito que difire do que intuitivamente se entende como comportamento dunha forza.
Antes de entrar nos detalles do estudio dos tres tipos de interacción, botaremos unha ollada ó concepto de "mediador"