Os gluóns son os mediadores da interacción forte. Esta interacción actúa entre quarks e é a responsable de mantelos xuntos formando hadróns, sendo imposible observalos en estado libre.
Ao intentar "separar" un quark do hadrón, a interacción actuará como unha goma elástica. Tirando moi forte a "goma romperá", formándose un novo par quark-antiquark. Xunto cos quarks iniciais, os novos quarks formarán rapidamente hadróns. Este proceso é tan rápido que non hai tempo suficiente para observar os quarks libres. O efecto dos gluóns nótase únicamente dentro dos barións e mesóns.
Pero a interacción forte é tamén a responsable de manter os barións xuntos formando o núcleo atómico. Esta interacción entre barións explícase asumindo que os mesóns xogan o papel de partículas de intercambio. O modelo é válido para distancias do tamaño dos hadróns ou lixeiramente superiores, isto é maiores de 10-15 m.
Para mater a estabilidade nuclear a interacción forte sobrepasa a poderosa repulsión eléctrica entre os protóns cargados positivamente do núcleo.