A interacción feble está mediada por tres bosóns vectoriais. Estos se distinguen das outras partículas de intercambio en que teñen masa e dous deles (W+ e W-) están electricamente cargados.

Unha característica da forza feble que a distingue das outras tres, é que dificilmente pode entenderse como unha forza no sentido usual. Nembargantes é a responsable de moitas das transformacións das partículas. Pode transformar un quark noutro e polo tanto converter un neutron do núcleo atómico nun protón. Neste proceso de desintegración un quark do neutrón se transforma noutro quark (d->u) e ao mesmo tempo son creados un electrón e un neutrino, que non existían previamente no núcleo.

A interacción feble tamén provoca que un leptón cargado, como por exemplo un muón, se desintegre nun leptón máis lixeiro (electrón ou positrón). A interacción feble posue tres partículas de intercambio: W+, W- e Z0, pero nas distintas transformacións só unha delas intervén.