O bosón vectorial da forza feble, Z0, é electricamente neutro e ó contrario dos fotóns e gluóns, ten masa, sendo esta de 91 GeV.
O maior acelerador de electróns e positróns ata o momento (Feb 2004) foi o LEP (Large Electron-Positron Collider) do CERN (the European Centre for Particle Physics), construido primariamente para estudiar a partícula Z0. Cando as enerxías do electrón e o positrón sobrepasan os 45.5 GeV cada un, o pesado Z0 de 91 GeV pode ser creado. A continuación o Z0 se desintegra rapidamente (en 10-24 s) nun par de quarks (quark-antiquark) ou ben nun par de leptóns (leptón-antileptón).
No capítulo "Análise de imaxes" aprenderá a interpretar as imaxes onde o Z0 se desintegrou. Tamén no capítulo "Colisións de partículas" se atopan algúns exercicios que se poden resolver mediante a análise de imaxes de desintegración do Z.