Recordemos que hai seis quarks distintos agrupados en tres familias. Por cada quark existe un antiquark (isto é antiquark up ou anti-u). Os antiquarks teñen a mesma masa e tempo de vida que os correspondentes quarks, pero con carga eléctrica oposta.
Os quarks (e antiquarks) interactúan entre si por medio da interacción forte. Os quarks se xuntan para formar os hadróns (do grego hadros = forte). A interacción forte tamén actúa entre os propios hadróns.
Os hadróns se dividen en dous grupos. O das partículas formadas por tres quarks (ou tres antiquarks), denominados baryóns (do grego baros = pesado), e o das formadas por dous quarks (ou un quark e un antiquark) chamados mesons (do grego mesos = medio).
Non existen hadróns formados por un único quark, nin hai evidencia de hadróns con máis de tres quarks. Os quarks da primeira familia (u e d) forman os núcleos atómicos e polo tanto toda a materia que nos rodea. Os catro quarks restantes (s, c, b e t) aparecen únicamente en partículas de curta vida media que tamén existen no noso entorno. Estas efémeras partículas eran máis abondosas no comezo do universo e agora aparecen, fundamentalmente, en experimentos de colisións de partículas a altas enerxías.