Recordemos que hai seis quarks distintos agrupados en tres familias. Por cada quark existe tamén o correspondente antiquark (isto é antiquark up ou anti-u). Os antiquarks teñen a mesma masa e tempo de vida que os correspondentes quarks, pero con carga eléctrica de sinal oposto.

Todolos quarks interaccionan entre eles a traverso da interacción forte. Os quarks se combinan xuntandose para formar os hadróns (do grego hadros = forte). O nome se refire ó feito de que a interacción forte interven na interacción entre os propios hadróns.

Os hadróns se dividen en dous grupos de partículas. As partículas formadas por tres quarks (ou tres antiquarks), que so os chamados baryóns (do grego baros = pesado). As partículas formadas por dous quarks (ou un quark e un antiquark) se lles chama mesons (do greek mesos = medioa).

Non existen hadróns formados por un único quark, nin hai evidencia de hadróns con máis de tres quarks. Os quarks da primeira familia (u e d) forman os núcleos atómicos. Os catro quarks restantes (s, c, b e t) aparecen únicamente en partículas de corta vida que tamén existen no noso ambiente natural. Estas efímeras partículas existían en moita máis cantidade nos comezos do universo e agora son recreadas nos experimentos de física mediante colisións de partículas a altas enerxías.