Un dos leptóns, o electrón, forma parte do átomo. No átomo os electróns distribuense ó redor do núcleo positivo, formando unha "nube" de carga negativa cun diámetro aproximado de 10-10 metros. No Modelo Estándar os electróns son partículas puntuais ainda que os experimentos só mostran que o diámetro ten que ser inferior 10-18 m.
O electrón é estable, polo que non se desintegra. Se atopara a súa antipartícula, o positrón, poderían aniquilarse. Neste proceso as dúas masas se transforman en enerxía formando fotóns (de moi alta enerxía).