Os muóns (µ+ e µ-) son producidos pola radiación cósmica que constantemente bombardea a atmósfera da terra. A maior parte desta radiación son protóns que nas colisións coas moléculas da atmósfera producen novas partículas (a miudo mesóns pi ou pións). Estas partículas se desintegran en muóns (entre outras posibilidades). Os muóns tamén se desintegran rapidamente noutras partículas (e+, e- e neutrinos).
O tempo de vida dos muóns é tan curto (ó redor de 2.2 microsegundos) que os muóns creados pola radiación cósmica a gran altitude (algunhas decenas de kilómetros) non terían tempo de chegar á superficie da terra sen desintegrarse. Nembargantes os muóns son observados con detectores (cámaras de néboa) situados na superficie da terra. Isto débese ó fenómeno da dilatación temporal, resultado da Teoría da Relatividade Especial de Einstein (1905).