A partícula tau foi descuberta nos anos 70 en experimentos de colisións de partículas moi enerxéticas (entre electróns e positróns de enerxías próximas a 5 GeV). Estos experimentos eran parecidos ós máis recentes de LEP no CERN. As propiedades da partícula tau son similares ás do electrón, pero cunha masa moi superior (3500 veces maior). Polo tanto se desintegra noutras partículas máis lixeiras (noutros leptóns ou nun ou máis hadróns).
A partícula tau ten unha vida media moi curta, cercana a 0.3 picosegundos, polo que nunca a veremos nas reaccións que, por exemplo, teñen lugar no detector DELPHI. Sen embargo, pódense detectar as partículas da súa desintegración e polo tanto concluir, indirectamente, que a partícula tau foi inicialmente creada na colisión.