Os tres leptóns (electrón, muón e tau) están cargados negativamente (a carga das correspondentes antipartículas é, por suposto, positiva). Os outros leptóns, os neutrinos, son as partículas máis difíciles de observar. Non teñen carga eléctrica e só posuen unha pequena masa. Interaccionan moi raramente coa materia e polo tanto son practicamente indetectables.
Os tres leptóns neutros son o neutrino de electrón e, o neutrino de muon µ, e o neutrino de tau t.
Existen en total seis leptóns e seis quarks. As partículas materiais (quarks e leptóns) son unha parte da descripción das compoñentes da materia. Tense demostrado que non pode haber máis de doce destas partículas materiais agrupadas en tres familias (ver a figura da esquerda).