Nesta sección pódense visualizar secuencias animadas de eventos onde unha partícula Z se desintegra en diferentes tipos de partículas. As animacións amosan os sinais que producen os diferentes tipos de partículas nos distintos subdetectores. Son un bo adestramento para entender a análise de imaxes en WIRED.
Para visualizar as animacións hai que dispoñer do programa Shockwave Player no Internet browser. O programa pode baixarse de the homepage of Macromedia. O tamaño do ficheiro de animación é de 100 kB e leva un minuto cargalo usando un modem de velocidade estándar.
Cando execute o ficheiro de animación aparecerá unha ilustración do acelerador LEP. No ángulo superior dereito hai un panel de control con botóns para comezar, parar, retroceder e avanzar a animación.
Cando a imaxe de presentación esté activada, prema o botón 'forward' do panel de control para comezar a animación sobre o detector DELPHI.
NOTA: O texto da animación está en sueco.