A parte principal da fiestra mostra unha imaxe do evento seleccionado. Nela aparecen as trazas das partículas como liñas coloreadas. O programa de reconstrucción por ordeador agrupou as partículas en dous ou máis grupos. As partículas de cada grupo están marcadas cun color común (vermello, verde, azul, amarelo, etc).
As trazas das partículas cargadas amósanse con colores brillantes. Estas trazas a miudo son curvadas debido a que o campo magnético do detector torce as traxectorias das partículas cargadas.
As partículas neutras non deixan trazas no detector de trazas, pero poden localizarse coa axuda dos depósitos de enerxía nos calorímetros. En WIRED, as partículas neutras se identifican como liñas rectas cunha sombra escura.
O evento pode ser observado desde distintos ángulos e distancias usando o rato. Prema o botón do rato e mova o punteiro sobre a imaxe para rotar ou ampliar.