Os electróns deixan unha traza no detector de trazas e un considerable (normalmente) depósito de enerxía no calorímetro EM. Recordemos que a traza e o depósito no calorímetro aparecerán coloreadas cunha sombra brillante xa que o electrón é unha partícula cargada.
Os positróns son parecidos aos electróns, a única diferencia é que as trazas dos positróns se curvan na dirección contraria á dos electróns. Para usar WIRED non é necesario distinguir entre electróns e positróns.
Como os electróns, os fotóns deixan un depósito no calorímetro EM pero, debido a que son partículas neutras, non deixan trazas no detector. Os depósitos de enerxía no calorímetro EM deixan unha sombra escura se son debidas a fotóns.
A clave para a identificación de electróns, positróns e fotóns é buscar depósitos de enerxía no calorímetro electromagnético.