O muón deixa unha traza no detector de trazas e unha marca (unha cruz) no detector de muóns. Recordemos que a traza e a cruz estarán coloreadas cunha sombra brillante, xa que o muón é unha partícula cargada. Os detectores de muóns en WIRED serven para identificar muóns.
O detector de muóns tamén é clave para identificar neutrinos. Xa que os neutrinos só interactúan debilmente coa materia, atravesarán DELPHI sen deixar ningunha traza. Algunhas veces poderemos saber se nun evento houbo neutrinos ou non, comparando a enerxía da colisión coa enerxía detectada. Como os neutrinos abandonan o detector con certa enerxía, a enerxía detectada será menor que a da colisión. De feito, como os neutrinos son normalmente moi enerxéticos, a enerxía detectada será claramente inferior ca da colisión.
De tódolos xeitos, o método de recoñecemento de neutrinos non está garantizado. Algunhas veces as partículas desaparecen (no tubo do feixe) levando enerxía que non se detecta en DELPHI. A incerteza sobre os neutrinos tamén se debe á inexactitude das medidas da enerxía dos jets.